martes, 26 de mayo de 2015

atentamente

Espertei entre gritos. Todo o que me rodeaba era caos, un caos tan intenso e abafador que nin sequera lograba escoitar os meus propios pensamentos. Estaba tombada nunha padiola, rodeada de médicos e persoas a berrar e a chorar unhas arredor das outras. 

Cando me dera conta estaba nun cuarto cheo de persoas, non sabía como chegara ata alí, entre elas por fin diferenciei a unha, pero non o entendía, alí estaba eu, compartindo sala coa persoa máis inesperada do mundo; era aquela chica, Xoana, a que viñera ao colexio darnos unha conferencia sobre a confianza e a esperanza, ela tiña cancro e nos contaba como superara a fase máis dura, que era a aceptación, tamén nos falaba de gozar da vida agora que podíamos e de aceptarse tal e como fósemos, porque iso era un privilexio, eles non podían controlar iso e pouco e pouco a enfermidade ía apropiándose da súa personalidade e do seu corpo. 

De pronto apareceu unha enfermeira e quitoume os tubos de osíxeno, que ata ese preciso momento non sabía que tiña, abrín a boca para preguntarlle porque estaba alí pero antes de poder articular palabra inxectou unha substancia no brazo e preguntoume se estaba lista para a operación.

“Porque me operan?” É a primeira frase que sae de min ao espertar, de pronto vin a miña nai, chorando e falando co enfermeiro. Nese momento deime conta de todo: tiña cancro. Eu, a que esperaba vivir a vida ao máximo, a que esperaba ser imprescindible para a humanidade, a que pretendía deixar unha pegada na historia.

Tardei uns días en asumilo entre tratamentos, psicólogos, médicas... mais mesmo pechada entre aquelas catro paredes e infinitas normas de hospital cabía unha mínima oportunidade para todos os enfermos terminais que arelabamos saír daquel inferno para esquecernos de todo e vivir.

Así que a utilicei: saín do cuarto aínda que non tiña permiso e con moito esforzo conseguín chegar a unha sala onde había moitos nenos. Nada máis cruzar a porta xa me decatei de que todos eles padecían a Síndrome de Down e as súas ganas de vivir convidaron a que quedase canda eles. Ver os seus sorrisos e escoitar as súas inocentes palabras enchéronme a alma. En especial unha meniña, que posuía a capacidade de facerme feliz do xeito máis desinteresado, preguntándome como me atopaba cunha naturalidade asombrosa.

Desde aquel día vou visitala sempre que podo asumindo que ese momento no que me pide que xogue con ela, que non influe a ninguén en absoluto, pode ser o derradeiro momento de felicidade, o máis fermoso da miña vida. 

Velaquí a miña historia, da que aínda non sei cando lle chegará o final. Confío en que, léndoa, te sentas afortunada de poder decatarte de que, fagas o que fagas e esteas onde esteas, sempre haberá algunha pequena oportunidade de alegría. Velaquí a pegada que eu deixarei na humanidade, ensinarllo a todo aquilo que lea isto, así servirei para algo. 

Atentamente, alguén que só quería ser feliz

espero que vos guste, comentade porfaa, e se podedes votarme en inpiraciencia, bicos gracias